Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 12/01/24 12/01/2024 15:00

A reunión da tarde pasada en Santiago do plan anticontaminacion de Galicia, o CAMGAL, semella que desta volta serviu para atopar canles de cooperación entre as administracións para resolver o problema da contaminación das nosas costas pola chegada de gránulos de plástico. A conselleira de Medio Ambiente non dubidou de cualificar a xuntanza de positiva.

Precisamente Ángeles Vázquez comparece esta mañá na deputación permanente do parlamento para informar sobre as xestións para retirar os pellets da costa galega.

Galicia Informativos
Más opciones