Última sesión de control do ano a partir das 10 no Parlamento galego, no que seguro escoitaremos a palabra 'eleccións' en varias ocasións. Todo cando xa están aprobadas os últimos orzamentos da lexislatura. 13.200 millóns de euros que inclúen 5 mil anuais para dependentes atendidos na casa, bono deporte para mozos federados ou imposto 0 para as transmisións de vehículos sen emisións contaminantes.
Son os datos que destaca a Xunta, mentres colectivos como Sos Sanidade insisten en que o goberno galego mente cando di que aumenta os investimentos en sanidade.
E seguimos pendentas dunha operación contra o narcotráfico, vinculada ó clan dos Piturros do Salnés.
Nos deportes, xornada de liga de fútbol entre semana. Ás nove o Celta visita o campo do Vilarreal.
No tempo, menos frío hoxe.