Informativo Galicia 7:45 - 20/12/24
Esta mañá pasará a disposición xudicial o home detido pola morte violenta da súa parella en Viveiro. A Marcha Mundial das Mulleres convoca pra esta tarde concentracións concentracións de respulsa en varias cidades. Este xoves xa se celebraron en Viveiro, que segue de loito.
Mentres, desde hoxe as víctimas, neste caso de violencia sexual, dispoñen de máis recursos: hoxe abren os 5 centros de atención 24 horas que estaban pendentes en Galicia.
Servizos que non chega ó rural...Case unha terceira parte dos concellos están infradotados polo que os seus veciños teñen piores servizos sanitarios, escolares ou pra terceira idade.
Deportes. O Deportivo derrota 5-1 ó Castellón en Riazor no partido que pechou unha nova xornada de liga en segunda.
O tempo. De novo imos quedando baixo influencia do anticiclón, e volve o frío