Noticias de Galicia - Novas de Galicia en Rne
A sorteo da lotería de nadal deixou á marxe galicia.... E é que aínda que se venderon 7 dos 17 grandes premios, foron poucos décimos e moi repartidos polas catro provincias. En total, non chegou ós dez millóns de euros, case unha cuarta parte en vigo, a cidade mellor parada.
O PSdeG pide un plan de choque á Xunta pra atender á dependencia. Asegura que agora o sistema está colapsado. E hoxe pendentes da reunión do conselleiro José López con represntantes da mesa pola normalización lingüística para abordar a situación do galego.
Deportes. Dura derrota do deportivo para despedir o ano. Perdeu 0-4 co Riazor co Mirandés. Tamén perdeu o Leyma.
O tempo. As altas presións iranse achegando a Galicia xerando circulación do nordés. a primeira hora aínda pode producirse algunha chuvia feble ó norte.