Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 27/12/23 27/12/2023 14:49

Os partidos intensifican os seus preparativos para as eleccións autonómicos. E é que o adianto electoral colleu a varias formacións sen aspirante á presidencia da Xunta. Por exemplo, Podemos ou Sumar... A formación morada decidirao en primarias esta semana.... A formación que lidera Yolanda Díaz semella que vai optar por Marta Lois... que poderá manter o escano no Congreso e ser candidata. Hoxe sairemos de dúbidas.

Na Coruña non trascenderon novidades relacionadas coas últimas dúas mortes violentas na cidade.

Temos que dar conta dun grave accidente laboral en Ponteceso... Un operario morreu e ouro resultou ferido ó caer os dous desde un tellado. E dous mortos en accidente de tráfico, en Melide e Riós. A víctima de Riós era un veciño de Zamora que circulaba en sentido contrario pola A-52

Galicia Informativos
Más opciones