Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 28/11/23 28/11/2023 14:57

Día de folga no ensino. Arestora están xa abertos ou a piques de facelo algúns centros educativos como parte do servizo de madrugadores, os servizos mínimos deben garantir a apertura tanto para a actividade docente coma para o coidado e vixilancia.

As primeiras horas do día deixan un terremoto de 3'5 graos sobre ás seis da mañá que se sentiu nas provincias de Ourense e Pontevedra.

E as familias do Villa de Pitanxo están satisfeitas polas declaracións escoitadas este luns na Audiencia Nacional: os testemuños de mariñeiros enrolados no buque galego en mareas anteriores ó naufraxio declararon que fallaba a seguridade.

Na política, o galego Miguel Tellado, ex deputado autonómico é o escollido por Núñez Feijóo coma portavoz popular no Congreso.

E hai que lamentar a morte do profesor e escritor coruñés Miguel López, coñecido nas redes coma El Hematocrítico. Tiña 47 anos e morreu tras sufrir un infarto, confirmouno a súa parella, a escritora Ledicia Costas.

Galicia Informativos
Más opciones