Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 28/12/23 28/12/2023 14:47

Vaise despexando o panorama político de cara as eleccións autonómicas de febreiro. Sumar, Podemos e Esquerda Unida chegan a un preacordo pra concorrer xuntas... falta só que que o ratifiquen os inscritos da formación morada. Marta Lois será a candidata da coalición.

Os bancos marisqueiros non dan máis de si. En pleno nadal, cando os prezos son máis altos, varias agrupacións deciden parar porque o rendemento do traballo é nulo.

Dous homes morreron nas últimas horas en accidente: un motorista en Petín e o conductor dun tractor en Outes.

Deportes. Novo recoñecemento para a triatleta paralímpica Susana Rodríguez Gacio: premio nacional do deporte correspondente a 2022

Galicia Informativos
Más opciones