Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 29/11/23 29/11/2023 14:57

O hidroduto proxectado por Enagás entre Guitiriz e Zamora para levar hidróxeno verde á Península, e de aí a Europa, non será financiado con fondos europeos. A decisión da Comisión provocou o enfado do presidente da Xunta, que culpa desa decisión á falta de apoios do goberno central a ese proxecto.

En Carballeda de Valdeorras 250 traballadores das louseiras Samaca e Irosa -e moitos centos máis empregos indirectos- verán esta mañá, se nada o impide, como o seu futuro laboral queda en perigo. Terán que deixar finalmente os terreos nos que están situadas.

Por certo O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia suspende cautelarmente a licenza do proxecto de parque eólico Campo das Rosas, situado entre os concellos de Cerdedo-Cotobade, Campolameiro e A Estrada. Foi a raíz dunha iniciativa da Asociación Ecoloxistas en Acción Galiza. O proxecto impulsado por Naturgy conta coas autorizacións administrativas previas e de construción da Xunta. O alto tribunal terá agora que analizar o fondo da cuestión e tomar un decisión definitiva.

En Fisterra, o restaurante Terra, de Brais Pichel, gaña a súa primeira Estrella Michelín. É o único establecemento en Galicia que entra na listaxe das 30 novas distincións concedidas.

Galicia Informativos
Más opciones