Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 30/11/23 30/11/2023 14:53

Sumar e o PSOE buscarán un acordo de coalición unha vez se produzan as eleccións autonómicas pero non unirán as súas marcas para concorrer xuntas ós comicios. Sumar Galicia insiste no seu papel como forza independente, e comezará esta mesma fin de semana o procedemento de escolla de candidato.

Tamén o BNG proclamará oficialmente a Ana Pontón como candidata, aspira a conseguir apoios máis aló do nacionalismo.

En Carballeda de Valdeorras, as louseiras afectadas polos desafiuzamentos poderán finalmente continuar coa súa actividade na localización habitual. Houbo acordo in extremis.

E colectivos ecoloxistas alertan da elevada contaminación de Vigo e da falta de plans para freala.

Galicia Informativos
Más opciones