Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 01/02/22 01/02/2022 14:54

A Xunta calcula en 800 millóns o sobrecuste ó que ten que facer fronte para financiar a prestación de servizos pola dispersión e o avellentamento da poboación. Facenda pide que na reforma do sistema de financiamento autonómico se teñan en conta estas variables.
Os bancos teñen claro ese sobre custe e desde hai tempo veñen pechando oficinas o que ten maior impacto no rural e nas persoas maiores que onte protestaron en Lugo.
Da pandemia, xaneiro péchase como o mes con maior número de mortes nun ano e cun máximo de hospitalizacións desta sexta vaga.
Deportes. Os últimos movementos no mercado fichaxes no Lugo... destaca a saída de Hugo Rama que se vai a Oviedo.
O tempo. Hoxe teremos menos vento e algún grao máis.

Galicia Informativos
Más opciones