Galicia Informativos
Informativo Galicia 7:45 - 01/09/21
01/09/2021
14:56
Que tal bos días... Hostaleiros e Xunta abordan hoxe o novo plan para a apertura dos establecementos baseada nas medidas que cumpran e non no nivel de risco do seu concello. Fano co sector dividido, unha parte reclama maior participación.
O comité clínico sobe a Melide ao nivel máximo de restricións, onde quedará xunto a Ordes e Monforte.
Esta mañá coñeceremos tamén o balance turístico deste segundo verán en pandemia. Os provisionais apuntan ao optimismo.
Comeza hoxe setembro con avisos por choiva e tormenta nas provincias de Lugo e Ourense, despois das choivas e sarabia que caeron onte xa en Ourense.