Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 01/09/22 01/09/2022 14:57

Setembro comeza con descontos no transporte. Do máis novidoso, os buses interurbanos da Xunta, que dende hoxe saen un 50 por cento máis baratos, igual que o transporte na ría de Vigo e o tren de proximidade na área de Ferrol. Tamén inician o mes con rebaixas os autobuses de cidades como A Coruña, Vigo e Santiago. Neste caso, dun 30 por cento e a conta do Ministerio de Transportes.

En canto ó tren, máis de quince mil galegos poden viaxar de balde dende hoxe grazas ós abonos de Renfe. O Goberno avanza ademais que prevé estender eses bonos gratuítos á liña Santiago-Ourense. E completando os anuncios, a propia compañía ferroviaria anunciaba a última hora que vai aumentar a oferta semanal en Galicia con catorce mil prazas máis

Galicia Informativos
Más opciones