Galicia Informativos
Informativo Galicia 7:45 - 01/09/23
01/09/2023
14:57
A poucos días do comezo do curso escolar, os alumnos de Segundo de Bacharelato poden respirar algo máis tranquilos. Nun ano especialmente difícil xa saben polo menos que a ABAU de 2024 será moi similar á de anos anteriores. En Galicia estaban nesta situación 12 mil estudantes.
Hoxe tamén falamos da dimisión como concelleiro do candidato do PP en Ourense. Manuel Cabezas deixa a corporación tras desmarcarse do pacto do seu partido con Jácome.
Ademais, Augas de Galicia abre expediente sancionador á xestora da mina de San Finx, na localidade coruñesa de Lousame.
E repasamos os acordos do Consello da Xunta. Entre outras cousas, redúcese o prazo mínimo para un enterramento. Pasará de 24 a 12 horas.