Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 02/02/22 02/02/2022 14:53

O consello interterritorial de saúde ten previsto abordar hoxe o posible relaxamento do uso da máscara en exteriores. A Xunta é unha das comunidades que considera que as circunstancias mudaron e que só se debe ser estrictos co seu uso en interiores.
E, xa hai condena para as sete persoas xulgadas no caso do narcosubariño. Ós tripulantes impóñenselle penas de 11 anos de prisión.
Tamén lles imos contar que a confederación hidrográfica do miño-sil vai recorrer a sanción que lle impuxo a Xunt polo vaciado de encoros no verán. E recolleremos as queixas do sector da carne: aseguran que a situación para os productores é insostible.
Aumentan os prezos e este inverno tan seco non axuda porque case non hai pastos.
E é que as chuvias non aparecen e hoxe mesmo se agarda unha xornada primaveral con temperaturas que ó mediodía chegarán ós 20 graos.

Galicia Informativos
Más opciones