Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 02/12/21 02/12/2021 14:57

Sanidade non descarta ampliar a obrigatoriedade do pasaporte COVID a máis ámbitos aínda que hai expertos que cuestiona a utilidade da medida pra evitar contaxios. Considera que so serve para incentivar a vacinación.
O conselleiro García Comesaña sinala que a ocupación hospitalaria será a que determine se se poñen ou non novas restriccións.
O caso é que a incidencia en Galicia xa está por riba da media estatal e nos colexios hai mais positivos que o ano pasado por estas datas.
Hoxe tamén destacamos que a ministra de transportes arrefría as posibilidades do traspaso da titularidade da AP-9 a Galicia.
Deortes. O Arenteiro, Bergantiños e Deportivo avanzan na Copa... hoxe é o turno para o Lugo.
O tempo... levantámonos con máis frío.
 

Galicia Informativos
Más opciones