Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 03/01/22 03/01/2022 14:59

Galicia estrena a primeira semana do ano con baixada nos novos contaxiados, 3.400, tras os días festivos e a fin de semana... nos vindeiros días saberemos o balance real, de momento, hai que sumar catro novos falecidos, todos en Vigo, que lidera os novos positivos. Todo nun momento no que o sector sanitario continúa denunciando o colapso na atención primaria.


A nosa comunidade comezou o ano ademais con subidas nas peaxes das autopistas... Tamén do transporte, PEINADOR recupera a normalidade tras pechar por problemas nunha das pistas de aterraxe.


Nos deportes, o Celta comezou 2022 con vitoria ante o Betis no Benito Villamarín con dous goles de Iago Aspas

Galicia Informativos
Más opciones