Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 03/01/23 03/01/2023 14:57

Bo día...as cidades galegas aínda non están preparadas pra aplica-lo real decreto que regula as zona urbanas de baixas emisións en concellos de máis de 50 mil habitantes. Salvo Pontevedra. outras cidades coma Lugo ou Ourense ainda están lonxe de poder aplica-la normativa.

En canto ás inundacións, o concello de San Sadurniño manten a alerta tra-los desprendementos rexistrados a pasada fin de semana e o de Salceda de Caselas estuda solicita-la declaración de zona castastrófica.

E nos deportes, volve a Copa do Rei... O Celta xoga hoxe en Barcelona contra o Español. Eliminatoria a partido único que comezará ás 7 da tarde.

En canto ó tempo, as altas presións dos Azores influirán sobre Galicia pero os ventos do sur achegarán moita humidade.
 

Galicia Informativos
Más opciones