Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 03/03/21 03/03/2021 14:58

Volve a estabilidade a Galicia, con sol e tempo seco, e volve tamén o alivio das restriccións polo coronavirus. Finalmente foi Ferrol a área sanitaria con mellor comportamento epidemiolóxico e da presión hospitalaria, así que a partir do venres quedará de novo aberta. En termos xerais, recupera a mobilidade co resto de Galicia e a hostalaría poderá reabrir no interior. As áreas da Coruña e Pontevedra seguirán pechadas de momento.
O concello pontevedrés de Soutomaior será ademais o único de Galicia en nivel máximo de restriccións.
Case a metade dos concellos da comunidade non rexistrou ningún caso de coronavirus na última semana. A maioría están nas provincias de Lugo e Ourense. A incidencia acumulada a 14 días é agora de 127 casos por 100 mil habitantes.
 

Galicia Informativos
Más opciones