Galicia Informativos
Informativo Galicia 7:45 - 03/04/23
03/04/2023
14:56
Terceiro día de loito en Ribadeo pola morte de catro mozos nun accidcente de tráfico este sábado en Xove. Pola tarde recibirán sepultura.
Acción contra o trafico de cocaína en Pontugal na que, segundo as primeiras noticias, tería morto un presunto narcotraficante galego.
Dous nomes propios este luns, Yolanda Díaz, que será candidata á presidencia do Goberno; e José Ramón Gómez Besteiro, que a primeira hora da tarde toma posesión como delegdo do goberno en Galicia.
E, o sorteo do Bonoloto deixa máis de dous millóns de euros en Lalín. O boleto foi selado na administración de Loterías número dous de Lalín, situada na praza da Mariña.
Hoxe teremos outra xornada de tempo seco e solleiro, aínda que pola tarde aumentarán as nubes polo oeste.