Galicia Informativos
Informativo Galicia 7:45 - 03/09/21
03/09/2021
14:53
Máis do 75% da poboación diana en Galicia está vacinada contra o coronavirus pero quedan aínda máis de 220.000 persoas pendentes de recibir as doses. O SERGAS contactou con elas ou tratou de facelo pero non acudiron á cita. É a xente á que agora quere chegar o Goberno galego e por iso se abre a partir da vindeira semana unha nova quenda de autocitas.
Hoxe inaugúrase o curso nas universidades galegas. Arranca este terceiro ano académico en pandemia co obxectivo de recuperar a presencialidade.