A capital galega está máis preto de ter unha taxa turística. O presidente da Xunta e a alcaldesa de Santiago avanzaron no seu establecemento só en Santiago, non se baralla noutros concellos. Todo para sufragar os gastos que conleva a chegada de visitantes, de momento non se coñece a cifra desa taxa nin os casos concretos de aplicación.
Noutro encontro, o da mesa sectorial do ensino, non houbo grandes avances. Educación ofreceu baixar a proporción de alumnos por aula para que, en 10, quede en 20 alumnos. Entre os sindicatos cren que a medida non chega.
En Lugo, a fábrica de Aluminio de Alcoa en San Cibrao está totalmente parada desde onte ó deixar de funcionar a área de Fundición, a única que quedaba activa. .Segundo a multinacional americana trátase dun apagón temporal por condicionantes do mercado.
Este mediodía inaugurarase a vixésimo cuarta edición da Feira Internacional de Produtos do Mar conxelados, Conxemar, no Instituto Feiral de Vigo. Os hoteis e hostais de case toda a provincia de Pontevedra e do sur de Galicia están prácticamente ó completo debido á presenza dos milleiros de visitantes estranxeiros. Hai un plan especial de tráfico para evitar colapsos