Noite movida en Maceda onde a Garda civil busca un home que disparou e feriu de gravidade a un veciño.
E hoxe son noticia Alcoa e Endesa... A primeira porque a dirección sinala que non vai ter todo listo para, como estaba previsto, reanudar a actividade en 2024. A central térmica das Pontes volve a producir con carbón.
Deportes. O Lugo caeu no desconto en Eibar e segue cos mesmos puntos que o Oviedo que está en descenso. No Celta, o portugués Carlos Carvalhal xa dirixiu o primeiro adestramento tras substituir a Educardo Coudet.
O tempo.
Tra-lo paso, moi preto de Galicia, dunha borrasca durante a mañá, iremos gañando influencia anticiclónica.
As temperaturas van, cada vez, axustándose máis ós valores do outtono.
Vexamos como empeza este xoves nas principais cidades