Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 03/12/21 03/12/2021 14:54

Dentro de dez días, Sanidade conta empezar a vacinar ós nenos. A comisión nacional de saúde fixará o procedemento o vindeiro martes. Agora case 3 de cada catro contaxios nos colexios prodúcense entre os alumnos de primaria que son os que non teñen a vacina.
Ademais, a Xunta prepara o terreo pra obrigar a presentar o certificado COVID en máis ámbitos: por exemplo residencias ou ximnasios.
As boas noticias son as do paro que baixou tamén en novembro, aínda que en Galicia descendeu por debaixo da media.
En pouco máis de dúas semanas comeza a actividde comercial do AVE, pero o que hai, de momento, son protestas pola modificacion de horarios no na rede de proximidde.
Deportes... O Lugo tivo que chegar ós penaltis para pasar á seguinte eliminatoria de Copa.. hoxe o sorteo.. Arenteiro e Bergntiños agardan a un primeira.
O tempo: hoxe con algún grao máis, ceo cuberto e orballo.

Galicia Informativos
Más opciones