Galicia Informativos
Informativo Galicia 7:45 - 04/04/23
04/04/2023
14:58
José Ramón Gómez Besteiro sinala que vén á Delegación do goberno para facer política e defender a xustiza social. No acto de toma de posesión, tendeu a man á Xunta.
Moitos movementos no ámbito local no día no que o Boletín oficial do Estado publica a convocatoria das eleccións municipais. En Narón, os edis socialistas abandonan o goberno local por orde da dirección galega; a candidata do PP en Lugo ficha a un antigo edil da súa rival Lara Méndez, e o PP leva ó xulgado ós concelleiros de Santiago que aprobaron o aluguer dun local cunha empresa vinculada ó anterior edil de medio rural