Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 04/09/23 04/09/2023 14:55


Cando nunha semana empece o curso escolar farao con menos aulas. Educación atribúeo a reducción de matrículas. O conselleiro, Román Rodríguez, responde en Radio Nacional as críticas...dixo que co bipartido, cando non había un descenso demográfico tan importantye, se pechaban máis. Hoxe a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, ten previsto reunirse con representantes das ampas.
E, novo accidente dunha embarcación deportiva na ría de Arousa. Bateu contra unha batea preto da illa. Unha muller tivo que ser trasladada ó hospital do Barbanza. Hai dous meses xa se produciu un choque mortal.

O tempo, situación tranquila, aínda que continúa a inestabilidade atmosférica, pero con temperaturas máis altas.
 

Galicia Informativos
Más opciones