Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 04/10/21 04/10/2021 14:59

Un concerto acaba da peor maneira posible en Mondariz-Balneario. Non faltaba moito para o final cando unha árbore de grandes dimensións caeu sobre o público nos xardíns do Hotel Balenario. Unha muller morreu e varias persoas máis resultaron feridas.
Unha fin de semana de novo con incidentes no Ensache, a zona da movida en Santigo, a pesar de que o sector do lecer nocturno, en xeral, non ampliou horarios pola dificultade de aplicación das medidas de seguridade.
Lembren que hoxe de novo hai paros en Renfe.
Deportes. Derrota do Celta e empate do Lugo. Moito mellor en baloncesto con triunfos dos dos equipos da ACB.
O tempo. Van predominar os ceos cubertos con chuvias, máis probables na metade oeste.

Galicia Informativos
Más opciones