O Sergas confía en que preto de 5.600 prazas que se convocan esta semana palíen a falta de persoal, pola vía de estabilizar a un grande número de profesionais sanitarios. Porén, os sindicatos médicos non cren que isto solucione o problema.
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, acusa ó presidente da Xunta, Alfonso Rueda, de non aplicar medidas pra alivia-la situación das familias e empresas galegas ante a suba de prezos e de apropiarse dalgunhas postas en marcha polo Estado, como o bono alugueiro.
E Unións Agrarias reclama á Xunta e ó Ministerio de Transición ecolóxica que se desbloquee o pago dos fondos do Plan de Xestión do Lobo, aprobados o ano pasado. Critican que o Goberno central xa emitiu as axudas pra outras comunidades coma Castela León ou Asturias, pero que penaliza a Galicia, por presentar a Xunta un recurso contra o plan.
En deportes.... O Pontevedra quedou fóra da Copa do Rei este mércores tras perder 0-2 contra o Mallorca en Pasarón