Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 05/03/2021 05/03/2021 15:02


É venres, temos aínda algunhas nubes no ceo, pero as temperaturas parece que veñen agradables.
Nestes momentos só catro concellos en Galicia teñen unha incidencia do coronavirus superior ós 250 casos por cada cen mil habitantes. E nestes momentos, dende a pasada medianoite, só o pontevedrés de Soutomaior ten peche perimetral individualizado. Seguen pechadas tamén no seu conxunto as áreas sanitarias da Coruña e Pontevedra, pero non así a de Ferrol, que dende hoxe reabre tamén o interior da hostalaría.
Recollemos igualmente a novidade na vacinación: a partir da vindeira semana comezarán a chamar á poboación de entre 50 e 55 anos para recibir as doses de AstraZéneca.
Pero non nos descoidemos, porque malia os indicadores positivos, os contaxios diarios veñen experimentando unha leve repunta nos últimos días.
E á parte da pandemia, a noticia en Alú Ibérica. Tres detidos na operación pola suposta venda fraudulenta das factorías da Coruña e Avilés.
Ata as oito, contamos isto e moito máis.

Galicia Informativos
Más opciones