Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 05/08/22 05/08/2022 14:57

Non dan descanso os lumes forestais esta semana e cada noite nos deixa escenas de lapas rodeando casas e amezando núcleos de poboación.
Na parroquia de Saiar en Caldas de Reis houbo que declarar a alerta dúas e arrasou xa 250 hectáreas e o lume chegou ao concello de Vilagarcía. O outro punto de risco está en Boiro, na parroquia de Cures, nun lume no que arderon alomenos un cento de hectáreas de monte.

Mentras no SERGAS houbo relevo na xerencia. José Flores deixa o cargo e pasa a ocuparse da área de Pontevedra O Salnés. Todo parece indicar que a crise na Atención Primaria estea detrás destes cambios.

E no tempo, Galicia regresa á situación anticiclónica marcada polo vento do nordés o que deixará ceos parcialmente anubrados na metade norte e nubosidade de tipo alto no resto.

Galicia Informativos
Más opciones