Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 05/09/22 05/09/2022 14:54

Primeiro luns de setembro de estrea da nova programación en Radio Nacional. E tamén o da volta ás aulas dos estudantes universitarios. Hoxe abren tamén as gardarías....
Nunha mañá chuviosa....aínda que non en toda Galicia. Así mentres que en municipios como Mazaricos ou Carnota se acumularon en 12 horas ata 80 litros por metro cadrado... as precipitacións apenas chegaron ás provincias de Ourense e Lugo.
Galicia permanece na influencia das baixas presións, con ventos do suroeste que impulsan o avance da fronte fría cara ao leste. Así agárdanos unha xornada de chuvias máis intensas pola mañá e na metade oeste. O vento causou nas últimas horas algunhas incidencias....Na Coruña, no barrio das Flores, derrubou un olmo de 14 metros. Non provocou danos ainda que caeu ó lado dun mercadiño solidario con motivo das festas no barrio.
 

Galicia Informativos
Más opciones