Os tres superviventes do naufraxio do Villa de Pitanxo declara esta mañá na Audiencia Nacional. O patrón, Juan Padín, farao en calidade de invesigado despois de que o xuiz Ismael Moreno apreciara inicios que permitirían imputar 21 delictos de homicidio por imprudencia grave e contra os dereitos dos traballadores. As familias dos falecidos pedirán que non se lle permita volver a embarcar ata que se aclare o sucedido.
No ámbito político, o presidente da Xunta reúnese cos líderes da oposición. E esta mañá estará en Galicia dous minitros o de Interior, Fernando Grande-Marlaska, e a de Traballo, Yolanda Díaz.
Deportes: O Racing eliminado na fase de promocion de ascenso a Segunda. Queda o Deportivo que se disputará unha praza na división de prata co Albacete o vindeiro sábado.
O tempo: Empezamos a semana coa chegada dunha fronte pouco activa.