Máis de 48 horas despois da morte de Samuel Luiz Muñiz na Coruña como consecuencia dunha malleira ainda non hai ningún detido. Na tarde pasada houbo deceas de concentracións de rexeitamento en toda Galicia e mesmo alén do noso territorio. Entre as declaracións sumándose a esa repulsa e agardando que axiña se atope aos culpables, as do Ministro do Interior e do propio presidente Pedro Sánchez.
Mentras, segue a preocupar o aumento de contaxios de Covid 19 entre os máis novos. O presidente Feijoo recoñece que a vacinación aos menores de 30 anos non vai estar completa antes do outono. O grupo de idade superior, ata os 39 anos xa está a ser chamado.
Un presidente da Xunta que onte volvía denunciar a falta de publicidade por parte do goberno dos criterios de reparto dos fondos europeos de recuperación. E pedía neste sentido maior co gobernanza entre a Moncloa e as autonomías.
Este martes 6 de xullo agaradamos que unha nova fronte, pouco activa, se achegue a Galicia e va deixar de novo nubosidade...