Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 06/10/23 06/10/2023 14:58


Galicia camiña cara unha nova lei da cultura. O goberno da Xunta quere aprobala este mesmo ano no Parlamento. Sería con dous obxectivos: inclusividade e accesibilidade. Con descontos ou prazas gratuítas para colectivos en risco de exclusión, ou garantindo a venda de entradas presencial e non só en liña. Xa está aberto un proceso participativo con máis de medio cento de entidades do sector cultural.

Todo nun momento no que un día máis falamos da perspectiva das eleccións autonómicas. Tralas críticas do PP ó PSdG por non ter aínda candidato, os socialistas reiteran: farán primarias cando se resolva o goberno estatal e manteñen o apoio a José Ramón Gómez Besteiro.

No que afecta á economía das familias, os gandeiros advirten: nas últimas semanas baixou a cantidade que lles paga a industria polo leite, pero non se trasladou en cambio ás liñas do supermercado.
 

Galicia Informativos
Más opciones