Galicia Informativos
Informativo Galicia 7:45 - 07/04/21
07/04/2021
14:55
Moi bo día. Benvidos a esta mañá de mércores, na que de momento seguen os ceos despexados.
Seguirá tamén a vacinación masiva, cun obxectivo: 145 mil persoas ata o domingo. A pasada tarde rexistráronse algunhas aglomeracións na Cidade da Cultura, en Santiago. Pero tamén no recinto feiral de Vigo ou en ExpoCoruña. O SERGAS fai un chamamento para que se respecten as horas das citas.
Polo demais, o día comeza co anuncio de cambios no mapa de restriccións. A partir do venres, O Grove e A Pobra do Caramiñal serán as localidades en nivel máximo. Mellores noticias noutros concellos, como Sanxenxo e Baiona, que despois da Semana Santa pasan a nivel medio. A Coruña e Arteixo, ó baixo.