Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 07/05/2021 07/05/2021 14:59

Bares abertos ata as once, restaurantes ata a unha da madrugada e adeus ao peche perimetral da comunidade e ao toque de queda. A volta á normalidade ábrese paso en Galicia a partir do domingo. Falta aínda o aval do Tribunal Superior da comunidade para algunhas das medidas.

Son as decisións, os anuncios, tra-lo comité clínico extraordinario. Coinciden no tempo con cambios no mapa de restricións. Dende hoxe, Cambados súmase ós concellos con peche perimetral. Nivel máximo ao que tamén se apunta, dende o domingo, Padrón

Galicia Informativos
Más opciones