Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 07/07/21 07/07/2021 14:57

Xa hai tres detidos en relación coa morte do mozo Samuel Luiz Muñiz. Son dous mozos e unha chica de entre 20 e 25 anos. Poden non ser os últimos porque desde a delegación do goberno e desde o Ministerio do Interior insisten en que a operación non está pechada.

Mentras, na pandemia, o comité clínico suma Ourense a Pontevedra entre as capitais que estarán no nivel medio de restriccións debido á negativa evolución epidemiolóxica. No nivel alto aparecen catro municipios da comarca do Salnés: A  Illa de Arousa e Vilagarcía de Arousa, así como Cambados e Vilanova. Son decisións que se explicarán hoxe e que entrarán en vigor as 00 horas do sábado.

En Vigo o sector da automoción saíu en manifestación convocado pola Ciga. O sindicato pide as administracions un plan industrial para o sector.

No meteorolóxico este mércores 7 de xullo amence con nubes e claros e chuvascos illados.

Galicia Informativos
Más opciones