Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 07/09/21 07/09/2021 15:00

As chuvias desta pasada noite e as que se prevén para hoxe son benvidas para loitar contra os incendios que afectan a Lugo e Ourense cun milleiro de hectáreas calcinadas.
O peor viviuse en Ribas de Sil onde o lume se achegou ás casas e a Xunta pediu a colaboración da UME. O perigo pasou.
Sobre a pandemia, hoxe volve reunirse o comité clínico que estudará o novo protocolo para a hostelaría que prevé acabar cos peches interiores dos establecementos.
Nas últimas horas comunicáronse outras 6 mortes con coronavirus e nunha residencia de Monforte detectáronse 36 positivos.
Hoxe destacamos tamén o acordo para que os estudantes de Medicina recuperen as prácticas clínicas.

Galicia Informativos
Más opciones