Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 07/10/22 07/10/2022 14:59

A comisión aclara qe a pesca estará prohibida en 87 áareas mariñas pero a máis de catrocentos metros. O ministerio sinala qe deste xeito 41 zonas quedan fora da veda... A dous días da entrada en vigor do regulamento a confusión aínda é importante.
E hoxe non hai cita co xuizo do Alvia, coa protesta dos avogdos da platforma de víctimas e do maquinista... presidenta do tribunal permitiu aprazar declaración do segundo acusado, Andrés Cortabitarte.

No concello do Pino, quedou extinguido o incendio que se declarou de madrugada no sanitorio La Robleda.
O lume obrigou a evacuar 60 usuarios que tiveron que ser reubicados noutros centros. Seis persoas, tres usuarios e tres empregados do centro, tiveron que recibir atención hospitalaria por inhalación de fume.
E temos que dar conta dun novo accidente mortal cun tractor. Outra vez a vícitma é unha persoa maior. Un home de 80 anos morreu aplastado polo tractor na Veiga. Baixouse del diante da casa, non quedou ben freado e pasoulle por enriba.

O tempo
Galicia continuará na influencia das altas presións, con réxime de ventos do nordés. Haberá máis nubes no norte, incluso algunha orballada na mariña de Lugo.

Galicia Informativos
Más opciones