Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 07/12/21 07/12/2021 14:55

A sexta onda da pandemia segue en aumento en Galicia. Ourense ten unha inidencia que supera os 1.000 casos por cen mil habitants a 14 días pero por sorte a media da comunidade é de pouco máis de 310. Nos hospitais continúa o aumento da presión asistencial e temos que dar conta do falecemento dunha muller de 91 anos en Pontevedra.

Hoxe comeza en Santiago o Congreso dos Socalistas no que se vai producir o relevo de Gonzalo Caballero na secretaría xeral. Xa lle pediu ao seu sucesor, Valentín González Formoso, que recolla na nova executiva tódalas sensibilidades.

No político tamén temos que destacar que o día da Constitución nos deixa o enfrontamento verbal entre o presiente da Xunta e o BNG. Feijoo lamentou que o BNG non celebre a data e Ana Pontón rexeita a Carta Magna porque di que representa ao centralismo.

Galicia Informativos
Más opciones