Galicia non propón pechar o lecer nocturno malia o aumento de casos covid nesta semana. Sen embargo nos lugares con incidencia elevada vai ser precisa unha PCR previa para poder entrar nos locais. A Xunta tamén solicita aos concellos que precinten certos espazos, como parques ou prazas, durante a noite para evitar botellóns, que semellan ser sitios de propagación do virus.
Na investigación polo asasinato de Samuel, ocorrido o pasado sábado na Coruña, os tres detidos como presuntos autores, dous homes e unha muller de entre 20 e 23 anos, poden pasar a disposicón xudicial hoxe. E poden non ser os últimos detidos en relación co crime.
En Santiago está a celebrarse na Cidade da Cultura a maior feira de dróns de España. Alí a Xunta anunciou 70 millóns de investimento nos vindeiros 5 anos para consolidar este sector en Galicia.
Para este xoves, no meteorolóxico prevese o regreso do anticiclón.