Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 08/08/22 08/08/2022 14:55

A fin de semana deíxanos, no tocante aos incendios, un panorama desolador, máis se temos en conta que levamos desde a última semana de xullo con lumes forestais de moita entidade, que daquela queimaran 35.000 hectáreas.
Esta mañá estamos pendentes de catro. No de Boiro arderon xa 2.200 hectáreas pero desactivouse a alarma. Están estabilizados os de Verín, con 600 hectáreas arrasadas e o de Pontecaldelas con 380. E o de Caldas está controlado e arderon 450.
Pola contra o deporte galego danos algunhas ledicias e deixános uns mundiais de piragüismo históricos para os nosos padaxeiros e remeiros con catro medallas. E na cultura o Salón do Cómic Viñetas desde o Atlántico, que comeza hoxe, acada a súa Vixésimo Quinta edición.

No tempo segue a situación anticiclónica pero arestora pode haber algunha néboa no interior e brétemas no litoral atlántico.

Galicia Informativos
Más opciones