Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 08/11/23 08/11/2023 14:55

Aínda sen data para a investidura, o pacto asinado polo BNG e o PSOE para dar o 'si' a Pedro Sánchez segue a protagonizar a actualidade. Moitas críticas do PP, que pide cifras concretas da condonación da débeda a Galicia, mentres os socialistas destacan as rebaixas que suporá nas peaxes. E o Bloque pídelle ó presidente da Xunta que aplique a lóxica e defenda os intereses dos galegos.

Todo nunha xornada hoxe de folga nas escolas infantís privadas e de xestión indirecta. Os sindicatos critican os servizos mínimos fixados pola Xunta, considéranos abusivos.

No xudicial, declarado nulo o convenio da construción da provincia de Pontevedra. O alto tribunal galego considera que o documento vulnera o convenio estatal. Fora asinado só pola CIG.

E Galicia gaña poboación. Os datos do Instituto Nacional de Estatística reflicten que no terceiro trimestre sumamos 3.579 persoas máis. Deste xeito, a comunidade supera ós 2,7 millóns de habitantes

Galicia Informativos
Más opciones