Galicia Informativos
Informativo Galicia 7:45 - 09/01/23
09/01/2023
14:59
Segundo agresión grave en menos dunha semana en Compostela. Un mozo tivo que ser operado de urxencia e perdeu o bazo tras unha liorta ás portas dunha discoteca na zona nova da cidade. Xa hai un detido: un veciño de Ames.
Tamén na crónica de sucesos, quedou en liberdade con afastamento un home acusado de disparar a outro hai máis dun mes en Maceda, Ourense. Levaba en busca e captura desde entón.
En Vigo reunión importante para o futuro de Stellantis. Dirección e sindicatos negocian o ERTE flexible e o ERE voluntario.
Mentres, seguen as protestas de sanitarios de área de Pontevedra-O Salnés. Esta vez denuncian os atrasos nas urxencias do Montecelo esta fin de semana pola falta de facultativos nos PACS da contorna