Galicia Informativos
Informativo Galicia 7:45 - 09/04/21
09/04/2021
14:58
Galicia reaxusta o seu plan de vacinación para adaptarse ás últimas novidades sobre a marca AstraZéneca. Este preparado resérvase agora para as persoas de entre 60 e 69 anos. Nas últimas horas o SERGAS tivo que desconvocar a 1.400 traballadores esenciais menores desta idade que xa foran citados para recibir a vacina.
Con todo, segue a vacinación masiva, e a comunidade achégase xa á media española. Leva administradas case o 80 por cento das vacinas recibidas.
Mantense, mentres, a estabalidade nos últimos datos da pandemia, e a Xunta xa valora atrasar o toque de queda. Unha decisión que se abordará no comité clínico do vindeiro martes.
No tempo, aumentan as nubes.