Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 09/05/23 09/05/2023 15:00

A sanidade é hoxe protagonista. No Parlamento vaise debater unha iniciativa lexislativa popular, avalada por 50 mil sinaturas, que busca o fortalecemento da atención primaria. Unha área da saúde pouco atractiva tamén para os médicos: na primeira selección de médicos residentes quedaron vacantes 39 prazas de médicos de familia.
E saiban que quedou aprazada a comparecencia de Manuel Batar nun xulgado de Puebla de Sanabria por un presunto delicto contra a seguridade vial, tras ser sancionado por circular a 215 km por hora na A-52 en Zamora.

O tempo: Tra-lo paso dunha fronte de madrugada quedará unha mañá en Galicia de ceos cubertos con chuvias de pouca intensidade. A partir do mediodía iranse abrindo claros
 

Galicia Informativos
Más opciones