Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 09/07/21 09/07/2021 14:54

A recomendación da Xunta de que os concellos pechen parques, prazas e praias para evitar botellóns e impedir a expansión da pandemia está a xerar polémica e contestación por parte dos municipios. O presidente da Xunta insiste en que é posible facelo pero algúns concellos non o ven viable. Precisamente hoxe reunese a Xunta de Seguridade Autonómica na que o delegado do Goberno, José Miñones, abordará o asunto coa FEGAMP.

A ministra de Industria, Reyes Maroto, vai reunirse tamén este venres co comité de empresa de Alcoa. Van falar do proceso de venda da fábrica de San Cibrao. Os traballadores cren que se é por Alcoa, a multinacional estadounidense vai elexir a peor opción para non ter competidores.

E no caso da morte de Samuel hoxe está previsto que pasen a disposición xudicial os detidos aos que se acusa de causarlle a morte nunha malleira. Ademáis o cuarto detido, apreixado no día de onte se lle acusa de apropiación indebida por se quedar co teléfono do falecido.

No meteorolóxico, hoxe agardamos, por fin, un día veraniego con ceos despexados e temperaturas en ascenso.

Galicia Informativos
Más opciones