Galicia Informativos
Informativo Galicia 7:45 - 09/08/22
09/08/2022
14:58
Vanse controlándose os lumes e apagando parte da súa superficie e o que se incrementa agora é o debate político. A Xunta presume de ter o mellor servizo de extinción de incendios de España malia que en 22 días de xullo e agosto arderon máis de 35 mil hectáreas e a oposición critica o descontrol na xestión dos montes.
Polo demáis na reunión para as medidas de aforro enerxético, que se implantan xa mañá, o goberno galego reiterou o seu rexeitamento porque -di- invade as súas competencias pero asegura que as acatará.
No tempo segue a situación anticiclónica con alerta amarela por altas temperaturas en Valdeorras, o cauce do río Miño e comarcas do Condado e a Paradanta.