Cando empezamos a esquecernos da pandemia, as autoridades sanitarias lémbrannos que aínda está aí. Estamos coas cifras máis baixas de hositalizados e de casos activos pero coa chegada do outono reactívase a vacinación dos máis maiores. A partir do 26 empezará a aplicación da cuarta dose, cunha fórmula bivalente, ós maiores de 80 anos e ós ingresados en residencias.
A Xunta non descarta reabrir os grandes centros de vacinación.
Boas novas para as familias dos falecidos no naufraxio do Villa de Pitanxo. A súa demanda de que se baixe ó barcao par investigar as causas do afundimento vaise debater na eurocámara.
O tempo.
Galicia queda hoxe nunha situación intermedia entre altas e baixas presións. Xa non se agardan chuvias...Baixaron algo as temperaturas mínimas.