Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 09/12/21 09/12/2021 14:56

Os socialistas galegos inician unha nova etapa con Valentín González Formoso como secretario xeral. Encabeza un proxecto político que se merca como obxectivo o goberno de Galicia. Na nova dirección terá un peso importnte o poder local do PSdeG e no afán de pechar feridas, Formoso incorpora á executiva a persoas próximas ó secretario xeral sainte como o xa ex-presidente Xaquín Fernández Leiceaga ou os alcaldes do Carballiño e Redondela.
Da COVID, a falta de sumar o impacto da ponte, Galicia xa está no nivel alto de risco de contaxios... hoxe chegará ás 10 mil persoas coa enfermidade.
O tempo... comeza este xoves con temperaturas máis altas cando aínda contamos os danos do último temporal. Tivo consecuencias no aeroporto da Coruña. Un raio inutilizou o sistema ILS de axuda á aterraxe.

Galicia Informativos
Más opciones