Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 10/02/22 10/02/2022 14:54

Xa non é obrigatorio o uso de máscara en exteriores, pero en Galicia, de momento, non cambia nada nos colexios. Os directores non recibiron ningunha comunicación que varíe o protocolo que teñen agora en vigor.
Ó presidente Núñez Feijóo non lle parece ben que se deixe de empregar a protección nos patios ata que se complete a vacina ós nenos, que este mércores comezaron a recibir a segunda dose. En todo caso, vai pedir a opinión do comité clínico.
A que vai continuar e a obrigatoriedade de presentar o pasaporte cOVID.
A pandemia deixanos xa máis de tres mil mortes... despois de que este mércores se comunicaran 21 falecementos, a cifra máis alta nun ano.
Deseguido os detalles...
Nos Deportes. 20 mil persos animaron na Coruña ó Deportivo xuvenil que quedou eliminado nos penaltis na competición europea na que participaba.
O tempo... hoxe con máis nubes... a cambio as temperaturas mínimas son máis altas. Comprobámolo no repaso polas nosas emisoras.
 

Galicia Informativos
Más opciones